Pontón anuncia en Vigo un plan para evitar a deslocalización das empresas
Publicado o 06/03/2020 14:59
Na súa precampaña, os nacionalistas recalaron hoxe en Vigo para presentar a súa candidatura ás eleccións do 5 de abril por Pontevedra. Luis Bará é o cabeza de lista pola provincia.
Ana Pontón anunciou que o BNG ten un programa ambicioso para Vigo, que, segundo dixo, nos últimos anos perdeu protagonismo en Galicia. A candidata enumerou entre outras medidas un plan para evitar a deslocalización das empresas, impulsar a área metropolitana e apoiar o comercio local. Pontón pediulles aos galegos que voten o cambio liderado por unha muller.