CRTVG

Buscar

Pontevedra, primeira cidade de España con límite de 6 km/h nalgunhas rúas

Publicado o 05/10/2020 14:32

Pontevedra é a primeira cidade de España en limitar a velocidade a 6 quilómetros por hora nalgunhas zonas da cidade. 

O límite nalgunhas rúas do centro de Pontevedra xa é de 10 quiómetros por hora, pero a semana que vén instalaranse os novos sinais que reducen ese máximo a 6 quilómetros por hora.

Se ben este modelo de mobilidade é ben apreciado, moitos dubidan da capacidae de cumprir os límites cun turismo ou un furgón.

Os que incumpran a nova limitación, que podería entrar en vigor a finais da semana que vén, enfrontaríanse a sancións de ata 500 euros.

Noticias web

05/10/2020