CRTVG

Buscar

Pontevedra, Poio e Marín abandonan a alerta máxima

Publicado o 12/12/2020 14:57

O alivio das restricións notouse dende ben cedo nalgunhas rúas do centro de Pontevedra, un alivio que afecta sobre todo a hostalaría tras unha evolución favorable da pandemia nestes tres concellos.

As terrazas poderán estar ao 50 por cento pero os clientes dende este sábado xa poden ser atendidos no interior dos bares e das cafeterías. Iso si, cunha ocupación máxima do 30 por cento e co seu peche estipulado ás cinco da tarde.

As reunións sociais, tanto en espazos públicos coma privados, seguirán limitadas a catro persoas.

O que si continúa é o peche perimetral decretado nesta área que forman conxuntamente estes tres concellos.

Boa novas non só para estes concellos, tamén para a súa área sanitaria, que baixa o número de hospitalizados en planta, un total de 39, e en UCI, con nove enfermos. Arestora hai un total de 851 casos activos e 58 novos positivos por PCR.

Noticias web

12/12/2020