CRTVG

Buscar

Pontevedra, pioneira en potenciar o turismo de autocaravana

Publicado o 04/04/2021 14:28

O concello de Pontevedra fixo unha aposta clara por este tipo de turismo primeiro nunha zona provisional en Mollabao hai dez anos. Pero desde hai cinco os autocaravanistas dispoñen deste espazo a carón da Ponte dos Tirantes onde se poden fornecer de auga, baleirar as augas residuais e estacionar tranquilamente de balde.

A Administración local sempre considerou que este turismo emerxente e desestacionalizado é de grande interese e que xera nas cidades moitos máis cartos e boa imaxe do que poidamos pensar.
Venancio Aradas é de Oleiros leva facendo este tipo de turismo doce anos, é algo que engancha e que permite gran mobilidade e liberdade.

Para moitos xa non é só unha moda e non hai volta atrás, por iso moitos concellos prefiren regular e non ter todos os areais inzados destes vehículos.

Noticias web

04/04/2021