CRTVG

Buscar

Pontevedra paga a factura das festas en Mallorca cun incremento de restricicións

Publicado o 30/06/2021 15:59

A área de Pontevedra é a máis afectada polo gromo dos estudantes que viaxaron a Mallorca e, por iso, víronse obrigados a elevar o nivel de restricións.

A noticia é un xerro de auga fría para a poboación e sobre todo para os hostaleiros que terán que limitar a capacidade nos seus establecementos, no interior e nas terrazas. Son as consecuencias do gromo dos estudantes que viaxaron a Mallorca que concentra nesta área a maior parte dos contaxios de toda Galicia. Deste xeito, Pontevedra é a primeira cidade galega en retroceder na desescalada e con ela outros seis concellos que pasan a nivel medio. 

As consecuencias deste paso atrás afectan de cheo os hostaleiros, que a partir do sábado volverán ao 30 por cento da capacidade no interior dos establecementos e ao 50 nas terrazas. Un retroceso que chega nun momento en que a hostalería afrontaba o verán con optimismo igual que o ocio nocturno que nos concellos afectados xa non poderá abrir. 

En Poio xa había restricións e súmanse á lista Pontevedra, Vilaboa, Barro, Cambados e Vilanova de Arousa. O gromo entre os estudantes xunto á variante delta contribuíron a unha importante expansión do virus que disparou a incidencia na área sanitaria pontevedresa.

Noticias web

30/06/2021