CRTVG

Buscar

Pontevedra e Coruxo tentarán evitar o descenso a Terceira División

Publicado o 29/03/2021 21:28

Luisito bota man do dramatismo: "Son 8 partidos en que temos que deixar o sangue e a saúde para salvarmos o equipo porque custou moito chegar a 2ª B e nós en 8 partidos temos que ir a morte, iso téñoo moi claro".

Míchel Alonso prefire ver as cousas de xeito máis calmo: "Queriamos achegarnos aí ou chegarmos a eses 20 puntos, penso que son puntos suficientes para competir nunha segunda fase que vai ser moi complicada para todos". 

Complicada e igualada. Dous puntos separan aos 5 primeiros. O Coruxo estrea a segunda fase ante o sexto, o Spórting B e o Pontevedra ante o sétimo, o Covadonga. Non hai marxe de erro. Serán 8 partidos en dous meses. O premio, no mellor dos casos, é acabar entre os dous primeiros e xogar a vindeira temporada na Segunda Federación. O castigo, 6 dos 8 equipos caerán á terceira.



 

Noticias web

29/03/2021