Pontevedra é a provincia española con máis reservas anticipadas para xullo e agosto
Publicado o 14/05/2020 15:11
Volver a espazos naturais apartados das grandes concentracións onde se fai máis doado manter o distanciamento social. Os datos que manexan os portais de reservas vacacionais apuntan a que Galicia vai ser un dos destinos turísticos máis demandados en España.
O parador de Muxía é un destes enclaves naturais. Abrirá as súas portas en xuño e xa ten un bo número de reservas confirmadas para xullo e agosto.
Pontevedra é, nestes momentos, a provincia española con máis reservas anticipadas. Os turistas valoran a combinación de zonas costeiras, rurais e urbanas, que ofrece. Tamén Portugal se prepara para acoller este verán unha boa parte do turismo europeo coa apertura dos areais en xuño.