Pontevedra acolle a 55ª edición da Exposición Internacional da Camelia
Publicado o 10/03/2019 17:47
En calquera época do ano, outono e inverno incluídos, as camelias enchen de fermosura e de cor moitos puntos da nosa xeografía, especialmente das Rías Baixas, onde o clima é moi propicio para o seu cultivo.
En Pontevedra celebran a 55 edición da Exposición Internacional da Camelia, unha mostra que vai rotando cada ano entre Vigo, Vilagarcía e a capital da provincia. Hai moitos que non perden esta cita para concursar ou simplemente para gozar da beleza e das variedades desta flor.
Este ano a exposición céntrase no seu carácter produtivo. Dentro do programa hai xornadas sobre os aspectos sanitarios e sobre o uso forestal desta especie.