CRTVG

Buscar

Pontecesures volve ao peche perimetral e ao nivel máximo de restricións

Publicado o 14/03/2021 15:56

O restaurante de Elías é un dos poucos establecementos abertos en Pontecesures. Na cociña preparan uns corenta pedidos que os clientes habituais levarán para comer na casa. Resignado, lamenta que o peche coincida na tempada de maior demanda da lamprea, un dos maiores reclamos da gastonomía da vila.

Detrás deste endurecemento das restricións hai menos dunha ducia de contaxios nas últimas xornadas que disparou os datos neste concello duns 3.000 habitantes.

Unha situación que asumen con certo cansazo neste municipio, que dende o Nadal vén oscilando entre os distintos niveis de restrición.

Cunha incidendia acumulada por riba dos 340 casos nos ultimos catorce días a veciñanza ten prohibidas xuntanzas con non conviventes.











 

Noticias web

14/03/2021