CRTVG

Buscar

Pontecesures recupera a normalidade despois de máis dun mes sen contaxios

Publicado o 01/06/2021 15:13

Galicia comeza o mes de xuño co 46 por cento dos concellos libres de covid. É o caso de Pontecesures, que estivo pechado en marzo e agora leva máis dun mes sen contaxios

A alegría que dá vivir nun concello libre de covid. Con 16 casos estiveron pechados en marzo, pero agora Pontecesures recupera o seu pulso, con concertos, deporte e actividades de grupo.

Juan Manuel Vidal, alcalde de Pontecesures: "Desde demostracións de cociña a concertos de música clásica, pouco a pouco volvemos ver como a xente se une para gozar de actividades".

Sen casos activos desde hai máis dun mes e co avance na vacinación o optimismo medra entre os veciños.

Eles sairán de vacacións e outros entran xa a visitalos, peregrinos que remontan o río neste atípico ano Xacobeo. Juan Manuel Vidal, alcalde de Pontecesures: "Estase a potenciar novamente esa vía de entrada a Compostela e Pontecesures como porto Xacobeo ten un papel importante, así queremos promovelo".

Mesmo unha histórica discoteca, outro emblema da zona, prepara o seu regreso cos concertos piloto do Xacobeo, nun verán que promete normalidade a esta beira do río Ulla.

Noticias web

01/06/2021