CRTVG

Buscar

Ponte Caldelas agarda abandonar o nivel alto de restricións nos vindeiros días

Publicado o 30/05/2021 13:54

Tamén Ponte Caldelas está con restricións altas, aínda que a situación vai remitindo, segundo apunta o alcalde.

Este domingo son 12 os que teñen o virus activo na localidade. Chegaron a ser case vinte. Os casos están localizados en Silvoso, Vilarchán e no núcleo urbano. Na localidade a maioría dos habitantes non está preocupado polo virus, pero si polo impacto económico que implica ter os bares e restaurantes cos interiores pechados

Os días que chove a situación aínda é peor porque a maioría das terrazas quedan baleiras.

.

Noticias web

30/05/2021