CRTVG

Buscar

Os veciños de Padrenda e San Gregorio en Portugal piden que abran a fronteira para ir traballar

Publicado o 20/02/2021 15:08

Separados por unha barreira de formigón e valados de obra, así se manifestaron os veciños de Ponte Barxas e San Gregorio. Ven como se converten de novo en estranxeiros logo de máis de oitenta anos unidos por este paso. Cando desapareceron as fronteiras a vida dos dous concellos mesturouse aínda máis, polo que agora ven as súas vidas e rutinas rotas.

Piden polo menos que se lles permita pasar aos que teñen que traballar do outro lado.
En casos extremos os veciños vense na obriga de pasar polos vellos pasos de pedra sobre o río arriscando a integridade e expoñéndose a ser multados como os devanceiros cando facían contrabando de café, azucre, ou produtos téxtiles.

Só queren o mesmo trato que hai noutras pontes internacionais.

Noticias web

20/02/2021