CRTVG

Buscar

Ponferradina e Spórting, primeiros amigables para o Lugo nesta semana

Publicado o 23/08/2020 16:53

Juanfran colle os mandos do Lugo dende o inicio coa intención de consolidar o bo traballo feito ao final da temporada pasada. A súa chegada ao banco mudou a imaxe do equipo e traduciuse na permanencia. E con ela, coa continuidade na segunda, toca reinventarse, un ano máis.

Haberá moitas caras novas, porque a marioría dos cedidos volven aos seus equipos e, polo momento, só se confirmaron as chegadas de Juanpe e Alende. O club busca novos préstamos, ao tempo que analiza o mercado de segunda B.

Así que mentres non se pecha o cadro, Juanfran tira do filial. E avisa que vai contar cos máis novos, que quere mesturar mocidade e madurez. E para ir encaixando as pezas e cambiando as rutinas da pretemporada, o Lugo pechou xa dous amigables: o mércores contra a Ponferradina e o domingo diante do Spórting de Xixón.

A idea do club é disputar outros dous partidos antes do comezo da liga para chegar en perfectas condicións e intentar non sufrir tanto coma en anos anteriores.

Noticias web

23/08/2020