Póñenlle horario ás festas no balcón en Ordes
Superados o medio cento de días de confinamento, as rutinas que naceron con espontaneidade comezan a provocar debates, mesmo certa polémica. Iso ocorre co costume de poñer música dende os balcóns, e o Concello de Ordes decidiu actuar. Púxolles un horario a estas festas.
Aquí había música todos os días. E xa superamos o medio cento de días.
"Son moitos días e a xente comeza a fartarse".
"Eu pecho a ventá para non escoitar".
"Paréceme que a música non facía dano ningún".
"A música nunca soa a gusto de todos".
Falamos cun dos que poñen música en Ordes, o DJ que colgou este vídeo dunha recente sesión vermú.
"Esta medida de cambiar de horario xorde dunha das persoas que pon música na vila, porque había algunha protesta veciñal".
E dirixiuse ao Concello, e o Concello decidiu limitar os días e as horas de música dende as ventás.
"Agora de luns a xoves non poñemos música cara á rúa, e os venres, sábados e domingos si a poñemos, pero no canto de media hora, poñémola tres cuartos de hora. E os domingos, unha sesión vermú dunha hora".
Sesión vermú os domingos e festivos e música despois dos aplausos das oito os venres e os sábados. E xa houbo quen protestou contra esta limitacion.
"Teño escoitado cazoladas, teño".
En todo caso, o tempo de confinamento xa avivou o debate.
"Paréceme ben que non poñan música porque unha epidemia non é unha festa".
"Estás encerrado, e que fas? Pois saes á ventá e anímaste".
Máis de 50 días de confinamento.