CRTVG

Buscar

Poñen en corentena os contactos estreitos da muller que chegou a Vigo e que deu positivo na variante india

Publicado o 07/05/2021 16:37

Sanidade decidiu secuenciar as mostras correspondentes a muller de 66 anos de idade ao coñecer que viaxara a Nova Delhi. Para volver a España tomou varios avións, aterrou en Baraxas e viaxou noutro voo a Peinador. A muller está illada na súa casa e Sanidade puxo en corentena catro persoas consideradas contacto estreito. É o cuarto caso de variante india secuenciado en Vigo, aínda que se asume que todos os positivos do barco tamén a teñen. 

No Porto de Vigo seguen en corentena os tripulantes a bordo do barco con bandeira de Singapur. Dos 22 mariñeiros hai oito contaxiados, deles cinco están ingresados. Aos expertos preocúpanlles estas novas variantes pola rapidez dos contaxios.

As distintas mutacións desta cepa están en estudo, dúas delas son máis transmisibles e investígase unha terceira mutación que podería minimizar a acción da vacina.