Pomar analiza as necesidades dos centros universitarios para logar un modelo de investigación competitivo
A Consellería de Educación analiza as necesidades dos centros universitarios para conseguir un modelo de investigación competitivo.
A titular desde departamento, Carmen Pomar, reuniuse cos directores destes centros para falar dos medios que precisan. Segundo dixo antes do encontro, traballará con estes expertos en dúas liñas: unha destinada a debater como se pode blindar un financiamento do sistema universitario galego para lograr un modelo de investigación sólido e, a outra, para escoitar as demandas dos centros e intentar respondelas.
Carmen Pomar, conselleira de Educación: "O obxectivo desta xuntanza de traballo fundamentalmente é o de encamiñarnos cara a un modelo de investigación sólido e competitivo que poña a Galicia no lugar que ten que estar".