Polonia declara inconstitucionais varios artigos do tratado de adhesión á UE
Publicado o 07/10/2021 21:40

Polonia declara inconstitucionais varios artigos do tratado de adhesión á Unión Europea. Nunha decisión sen precedenes, o Tribunal Constitucional polaco ditaminou que o dereito nacional ten primacía sobre o comunitario.
Os xuíces mesmo insinuaron que o choque de lexislacións podería desembocar no abandono da Unión. A sentenza chega despois de que a xustiza europea cuestionase varios aspectos da última reforma xudicial polaca. O comisario europeo de xustiza asegurou que Bruxelas usará todos os instrumentos ao seu alcance para defender a prevalencia do dereito comunitario.