CRTVG

Buscar

Polonia apraza as eleccións previstas para este domingo

Publicado o 07/05/2020 09:21

As eleccións presidenciais que debían celebrarse este próximo domingo en Polonia quedaron aprazadas ata unha nova data que está por determinar.

O aprazamento prodúcese despois de que o tribunal Supremo rexeitase a convocatoria que por vez primeira no país ían celebrarse unicamente mediante voto por correo en medio das restricións impostas pola pandemia de coronavirus.

A oposición polaca fixera un chamamento a boicotear os comicios ao considerar que o sistema de votación contraviña a lei electoral vixente e esixía o seu aprazamento.

Noticias web

07/05/2020