CRTVG

Buscar

Polo menos tres mortos e varias ducias de feridos ao colidir dous trens na República Checa

Publicado o 04/08/2021 12:08
Polo menos tres mortos e varias ducias de feridos ao colidir dous trens na República Checa

Dúas persoas faleceron esta mañá nun choque de trens na República Checa. Ademais, varias decenas de persoas quedaron feridas, seis delas de gravidade.

As primeiras investigacións apuntan a que o accidente aconteceu cando un tren rápido con destino a Munich saltou un sinal de parada, colidindo con outro de mercadurías que viña en dirección contraria, moi preto de Baviera.

Noticias web

04/08/2021