Polo menos catro mortos e uns vinte feridos nun atentado suicida en Paquistán
Publicado o 05/09/2021 12:34
Un atentado suicida en Quetta, nas proximidades da fronteira de Afganistán, deixa polo menos catro mortos e unha vintena de feridos. Un motorista lanzouse contra os axentes fronteirizos e inmolouse. Os talibáns paquistanís responsabilizáronse do ataque.
Desde o triunfo no veciño Afganistán, moitos analistas advertiron do risco de que os extremistas do outro lado da fronteira collesen forza.
Un home a bordo dunha moto lanzouse contra o posto militar do Corpo de Fronteiras e despois fixo estourar os explosivos que levaba pegados no corpo. Dezaoito dos feridos son gardas da fronteira e outros dous peóns que estaban nas proximidades.