CRTVG

Buscar

Polo menos oito mortos e 600 feridos nun terremoto de 6,2 en Indonesia

Publicado o 15/01/2021 08:26
Polo menos oito mortos e 600 feridos nun terremoto de 6,2 en Indonesia

Forte terremoto en Indonesia central.

Hai polo menos oito falecidos, máis de 600 feridos e 15.000 desprazados tras o sismo de magnitude 6,2 que tivo lugar de madrugada na illa Célebes.

O tremor sorprendeu a xente durmindo. Causou numerosos danos en varias poboacións da zona, como derrubamentos de edificios e caídas de pontes. Arestora continúa o operativo de rescate no lugar.

Noticias web

15/01/2021