Polo menos 74 mortos ao naufragar un bote precario fronte á costa libia
Publicado o 12/11/2020 20:53

Polo menos 74 migrantes morreron ao naufragar o bote no que pretendían cruzar o Mediterráneo e fuxir a Europa desde a cidade libia de Khoms, informaron hoxe fontes da Organización Internacional das Migracións.
Na embarcación fretada por mafias locais viaxaban un total de 120 persoas, entre elas varias mulleres e menores.
Servizos de gardacostas libios lograron recuperar un total de 31 corpos, que foron depositados nunha praia de Khoms, mentres que os sobreviventes foron rescatados por un pesqueiro, que os trasladou a porto, onde recibiron o auxilio da IOM.