CRTVG

Buscar

Son 63 os mortos, a maioría estudantes, no atentado contra unha escola feminina en Kabul

Publicado o 09/05/2021 16:56
Son 63 os mortos, a maioría estudantes, no atentado contra unha escola feminina en Kabul

A explosión dun coche bomba cando as estudantes dun centro feminino en Kabul, a capital de Afganistán, saían do edificio matou 63 persoas e feriu 150 conforme a última actualización. Ata o de agora ningún grupo proclamou a autoría do que desde o Ministerio de Interior aseguran que foi unha acción terrorista, pero existe confusión sobre a causa e o obxectivo.

Á primeira detonación seguíronlle, conforme as testemuñas, outras dúas explosións que poderían tratarse do impacto de foguetes.

O atentando sucedeu nunha zona de poboación xiíta e hazara.