CRTVG

Buscar

Polo menos 21 mortos ao caer un autobús por un barranco en Chile

Publicado o 02/12/2019 18:59

A cifra de falecidos pola caída dun autobús interurbano nunha estrada do norte de Chile ascendeu a 21, segundo os últimos datos achegados polo Goberno da norteña rexión de Antofagasta, onde tivo lugar o suceso, mentres que outras 21 persoas están feridas. Entre os falecidos está tamén o condutor do autobús, asegurou o fiscal de Antofagasta Ricardo Castro. Como liña de investigación de manexa o erro humano ou o erro mecánico, segundo o fiscal.

O accidente tivo lugar na noite do domingo- O autobús "atravesou o eixo central da calzada, incluso rompendo unhas barreiras de formigón que habían aí e terminou envorcado a un costado do roteiro cun desnivel duns 25 metros", segundo recolleu a emisora local Bío Bío. Pola súa banda, Ricardo Munizaga, director da Oficina Nacional de Emerxencia ( Onemi) de Antofagasta, dixo que a ese mesmo medio que non se descarta que poida seguir aumentando o número de falecidos, que desde que tivo lugar o incidente foi progresivamente en aumento.

O autobús era de dous pisos e transportabaunhas 50 persoas desde Antofagasta a Ovalle, situado a un 1.000 km ao sur do punto de partida, na rexión de Coquimbo, segundo recolleron medios locais. O presidente de Chile, Sebastián Piñera, lamentou a través dunha mensaxe en Twitter a perda de vidas e feridos que ocasionou o accidente e dixo que se comunicou coas autoridades locais "para despregar equipos de axuda para feridos e familiares de vítimas" deste "doloroso accidente".

 

Noticias web

02/12/2019