CRTVG

Buscar

Políticos e achegados despiden a Valeriano Martínez nunha misa funeral na catedral de Santiago

Publicado o 18/10/2021 20:16

Na presentación dos orzamentos Alberto Núñez Feijóo destacou que estas son as contas de Valeriano Martínez, o conselleiro de Facenda falecido hai uns días cando traballaba precisamente na súa elaboración. Presentalas en tempo e forma, dixo, é a última homenaxe que lle fan ao finado.

Homenaxe que se completou esta tarde cunha misa funeral na catedral de Santiago á que asistiron o presidente da Xunta e todo o seu equipo de Goberno, empresarios, familiares e amigos de conselleiro.

Tamén contou coa presenza de diferentes cargos institucionais, como o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o delegado do Goberno, José Miñones. Igualmente, acudiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como as súas homólogas na Coruña e Lugo, Inés Rey e Lara Méndez. O expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño foi outro dos asistentes. Diferentes cargos dos populares déronse cita tamén no templo compostelán.

Valeriano Martínez faleceu o pasado 6 de outubro no seu despacho de San Caetano dunha parada cardiorrespiratoria.

Noticias web

18/10/2021