CRTVG

Buscar

Policías locais de Redondela denuncia carencia de efectivos para atender o servizo

Publicado o 05/07/2021 13:58

A Policía Local de Redondela ten quendas inactivas por falta de efectivos. Denuncian esta situación membros dese servizo municipal, porque o Goberno do concello non contratou auxiliares para cubrir vacacións. Ademais o cadro policial ten cinco axentes de baixa.

Miguel Santiso, integrante da Policía Local de Redondela e representante do CSIF: "Quedamos case sen efectivos na policía e ás veces hai quendas cun axente e mesmo sen ninguén. Ese día houbo un accidente grave en que un motorista morreu e creo que estes feitos non se poden volver producir".

Van seis ou sete veces en que pasou iso de quedar ningún ou un só axente, di Santiso. Considera que esta situación é consecuencia da imprevisión do Goberno municipal. Outra axente engade tamén outro factor, a falta de disposición para o diálogo desde quen organizan o servizo.

Conchi Roig, integrante da Policía Local de Redondela, di que "sempre había vontade, desde o equipo de Goberno local ou desde Xefatura (da Policía Local) para cubrilo. Agora mesmo non hai. Non se queren sentar. Non sabemos como podemos facer. Hai quen está quedando sen vacacións para vir traballar, pretenden quitarnos vacacións. Este é o problema que temos. O que non pode ser é que na pandemia foramos tan necesarios e agora, como se nada, como se non existira a policía local en Redondela. Só se fala coa Policía Nacional, con Protección Civil e a nós non se nos ten en consideración".

Di Roig que ela leva xa catro noites de servizo soa. Tamén, que os xefes están a intentar quitarlles as vacacións e explica que este venres houbo un concerto diante da comisaría con multitude de xente -di- e que nin os informaran dese acto.

Noticias web

05/07/2021