CRTVG

Buscar

Policías de varios países colaboran en facer o Camiño máis seguro

Publicado o 16/07/2021 14:18

Máis de 3.600 axentes participarán no dispositivo de seguridade do Camiño de Santiago que se presentou esta mañá. O director xeral da Policía Nacional deu a coñecer un operativo que inclúe patrullas conxuntas con axentes doutros países para ofrecer asesoramento e apoio a peregrinos e turistas. 

O dispositivo especial de seguridade, denominado "Protexemos o Camiño", ponse en marcha hoxe coa despregadura de máis de 3.600 axentes polas distintas rutas de peregrinación.

No dispositivo vai ter unha relevancia especial a comunicación co peregrino para ofrecerlle consellos que lle permitan facer o Camiño con seguridade. Ademais, ponse a disposición de todos un código QR para acceder rapidamente á nova páxina web da policía, que permitirá, entre outras cousas, xeolocalizar a comisaría máis próxima cando xurda calquera problema.

O dispositivo "Protexemos o Camiño" inclúe patrullas conxuntas de Policía Nacional e axentes doutros países, como Francia, Italia e Portugal, para asistiren e apoiaren peregrinos e turistas estranxeiros.

 

Noticias web

16/07/2021