CRTVG

Buscar

Policías a cabalo e auga para dispersar unha macroquedada nun parque en Bruxelas

Publicado o 02/04/2021 08:49
Policías a cabalo e auga para dispersar unha macroquedada nun parque en Bruxelas


En Bélxica foron precisos camións de auga e policías a cabalo para poder dispersar a milleiros de mozos que se concentraron nun parque de Bruxelas. Non é a primeira vez que os mozos protagonizan altercados coma este no país, protestan porque levan máis de cinco meses coa hostelería pechada.

Bélxica ten na actualidade das taxas de contaxios mais altas de Europa. Pouco parece importarlles os asistentes a estas macroquedadas a expansión dos contaxios. Os xinetes da policía belga que mesmo empregaron  gases lacrimoxenos  tivérono difícil para poder conseguir que abandonaran o lugar.

Noticias web

02/04/2021