CRTVG

Buscar

Policía e bombeiros rescatan un presunto ladrón pendurado a 20 metros de altura

Publicado o 06/03/2020 20:19

Espectacular operativo de rescate o que despregaron a policía e os bombeiros esta madrugada en Vigo. Na súa fuxida, o presunto ladrón ao que perseguían os axentes quedou colgado dun muro de 20 metros de altura. Vexan como fixeron para evitar que se mancase.

Todo comeza cando unha patrulla tenta identificar un presunto agresor nun bar próximo ao porto pesqueiro do Berbés.

O home, que estaba visiblemente alterado e con síntomas de embriaguez, comezou a gabear por un valado de pedra de 20 metros de altura e quedou pendurado a unha escultura fixada no muro. Como vían perigar a súa estabilidade, os axentes lanzáronlle desde a parte de arriba o kit naútico que a Policía Nacional emprega para rescates no mar.

Deste xeito conseguiron asegurar a posición do home ata que chegaron os bombeiros e o baixaron cunha escada. Xa a salvo, identificáronno como un cidadán marroquí de 28 anos con numerosos antecedentes policiais por furto e resistencia. Tamén apreixaron os billetes de lotaría presuntamente roubados no bar. O home xa pasou a disposición do xulgado de garda.

Noticias web

06/03/2020