CRTVG

Buscar

Polémica pola licenza da casa do alcalde de Pontevedra

Publicado o 10/05/2021 14:41

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, tardou máis de 20 anos en tramitar a licenza da súa casa, segundo publicou o xornal ABC. O diario sinala que Lores viviu 22 anos sen ter licenza de ocupación da casa que construíu en 1998, cando aínda non era alcalde, un documento que solicitaría a súa muller o ano pasado.

A líder do BNG, Ana Pontón, asegurou descoñecer este asunto. Mentres, o Partido Popular de Pontevedra pídelle ao alcalde que se explique.