CRTVG

Buscar

Polémica pola 'taxa covid', os suplementos que se cobran polas medidas de desinfección

Publicado o 10/06/2020 15:25

A volta á actividade comercial obriga os negocios a poñer á disposición dos clientes todas as medidas necesarias para evitar contaxios.

Son custos que a maior parte dos empresarios asumen no seu negocio. Pero tamén hai quen os repercute no cliente en forma de suplemento. Hostalería, estética ou mesmo clínicas dentais que aplican a chamada 'taxa Covid'.

Entre as asociacions de consumidores hai disparidade de criterios sobre a legalidade desta medida, que, en todo caso, deberá ser comunicada previamente ao consumidor.

En Galicia non hai, polo momento, denuncias pola aplicación desta recarga en ningún establecemento.

Noticias web

10/06/2020