Polémica en Lugo por borrar unha pintura do chamado curmán de Banksy
En xeral a cidadanía está moi en desacordo coas pintadas que se fan nas paredes dos edificios das cidades. moitas delas non chegan nin a ser garabatos e só emporcan a contorna. Outras, hai algunhas que son graffiti brillantes e que contan co apoio da xente, como é o caso das que fai en Lugo o chamado curmán de Bansky, do que por certo acaban de borrar unha pintura.
Pois estaba nesta parede dunha das casas que dan ao adarve da muralla.
Apareceu o Día do Libro e representaba a don Quixote facendo, á súa vez, un graffiti cun corazón co nome da súa amada Dulcinea.
As redes deseguida se fixeron eco desta obra, o mesmo que doutras que fixo na cidade o chamado curmán de Bansky, en que retrataba a Rosalía de Castro ou remendaba o debuxo de Castelao da derradeira lección do mestre.
Pois ben, agora moitos veciños están indignados porque alguén mal borrou este Quixote, algo que nas redes se cualifica de chapuza e din que vai en detrimento da contorna.