Polémica en Holanda por pedir a eutanasia unha moza de 17 anos
Publicado o 05/06/2019 09:04
Unha menor holandesa suicídase, vítima de abusos, e a polémica está servida en Holanda. Esta moza de 17 anos, Noa Pothoven, decidiu pór fin á súa vida despois de anos de estrés postraumático, depresión e anorexia; consecuencia dos abusos sexuais que sufriu de pequena e que plasmou na súa autobiografía.
A súa nai denunciou que a moza debía estar nun centro psiquiátrico, pero non foi posible pola longa lista de espera.