Polémica en Francia pola apertura do primeiro supermercado sen persoal
Publicado o 26/08/2019 20:58
En Francia, as protestas pola apertura do primeiro hipermercado con caixas de autopagamento converteuse nun auténtico caos.
A cadea Geánt Casino é pioneira en eliminar o persoal nas caixas de xeito absoluto. Uns 200 manifestantes, entre eles sindicatos e algúns dos coñecidos como chalecos amarelos, irromperon no establecemento para protestar contra unha medida que consideran abusiva para os consumidores.
Algúns dos clientes tiveron verdadeiros problemas para poder finalizar a súa compra, con altercados que mesmo chegaron ás mans.