Polémica cun radar de Santiago que suma xa 17.000 multas
Publicado o 19/03/2021 15:28
O límite de velocidade á saída de Santiago en direccion O Milladorio, no barrio de Conxo, é de 50 quilómetros por hora.
O Concello puxo un radar para detectar os vehículos que sobrepasan ese límite, e algúns condutores protestan. Din que o aparello non se ve, e que obxetivo é poñer moitas multas para recadar cartos. Outros cren que hai que cumprir as normas.
O radar empezou a funcionar en xullo do ano pasado e nos tres primeiros meses sancionou 17.000 condutores, a maioría dos cales ían a máis de 70 quilómetros por hora. O Concello considera que nesa zona hai que circular amodo.