Polémica ao referirse Pedro Sánchez á "loita armada" da ETA
Publicado o 20/10/2020 15:34

O presidente do Goberno desatou unha polémica nas redes sociais cun chío no que se refire ao terrorismo da ETA como "loita armada".
Foron esas dúas palabras de Pedro Sánchez, "loita armada", as que motivaron centos de críticas na Rede. É a expresión habitual da esquerda abertzale e Pedro Sánchez utilizouna nunha mensaxe de condolencia polo pasamento de Joan Mesquida.
A reacción foi tal que horas despois Pedro Sánchez publicou outro chío falando do odio e da barbarie da banda terrorista ETA.