CRTVG

Buscar

Poetas belgas recitan a Rosalía no Camiño

Publicado o 12/07/2019 02:14

Poetas belgas recitan a Rosalía de Castro en Santiago, Padrón e Fisterra, tres puntos das rutas xacobeas. Organizado pola Fundación Rosalía, os tres concellos e a Xunta de Galicia, un colectivo multicultural de poetas en Bruxelas coordinado polo galego Xavier Queipo participa desde hoxe ata o domingo en recitais multilingües, concertos e actos arredor da figura de Rosalía.

A idea é promover a cultura galega a través dunha das súas figuras máis universais, ainda que tamén haberá homenaxes a escritores como Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.



 

Noticias web

12/07/2019