CRTVG

Buscar

Podo ir a un bar sen PCR? Resolvemos algunhas das dúbidas ao redor das normas

Publicado o 22/07/2021 15:39

As novas restricións que marcaron os expertos sanitarios anunciábanse onte e, coma sempre, antes de que entren en vigor queremos resolver con vostedes todas as dúbidas que xorden.

O meu concello está en nivel máximo, podo entrar e saír del? Si, podemos movernos libremente por toda Galicia. Ningún concello ten peche perimetral.

Hai toque de queda durante a noite? Non. Podemos desprazarnos e estar na rúa. Iso si, nos concellos en nivel máximo e alto prohíbense todo tipo de encontros de non conviventes entre a unha e as seis da mañá; no resto de Galicia, entre as 3 e as 6.

Podo facer unha comida na miña casa con 15 persoas? Non. As xuntanzas están limitadas a un máximo de seis persoas non conviventes no interior e dez no exterior.

Somos cinco na nosa familia, podemos reunirnos na casa con outra familia? Si, está permitido que se xunten dous grupos de persoas conviventes, independentemente do número.

A hostalería está aberta en toda Galicia? Si, pero nos concellos de nivel máximo e alto é necesario presentar proba diagnóstica negativa, certificado vacínico completo ou documento que acredite que se pasou o virus para consumir tanto no interior como no exterior. No resto de concellos de Galicia non son necesarios.

Teño unha filla pequena, cando a leve ao restaurante, teño que facerlle unha PCR? Non, os menores de 12 anos poden entrar na hostalería en calquera concello de Galicia sen ningunha proba.

Noticias web

22/07/2021