CRTVG

Buscar

Poderase viaxar ás Cíes desde Sanxenxo e Portonovo a partir do sábado

Publicado o 10/06/2021 18:47

O porto de Portonovo e tamén o de Sanxenxo estrean pasadomañá viaxes ás illas Cíes. Súmanse así ás rutas habituais que dende o pasado 22 de maio saen a diario dende Cangas, Baiona e Vigo. Estas dúas novas rutas funcionarán durante as fins de semana sempre que o tempo acompañe.
Dende Sanxenxo o barco sairá as 11.15 de mañá e dende Portonovo ás 11.30.

Para poder coller o barco teremos previamente que solicitar unha autorización na central de reservas e posteriormente poderemos comprar o billete xa que o cupo máximo de visitas diarias é de 1.800 persoas. Dende que se retomaron as viaxes diarias o pasado 22 de maio xa visitaron as Illas Atlánticas máis de 7.000 persoas.

Noticias web

10/06/2021