CRTVG

Buscar

Pódense solicitar dende este martes as axudas da Xunta para renovar electrodomésticos

Publicado o 19/04/2021 19:24

Con estas axudas pódense mercar frigoríficos ou frigoríficos conxeladores de clasificación enerxética A, B, C ou D; e tamén lavadoras, lavalouzas, e cociñas de indución, de clasificación A, B ou C. De momento hai 400 tendas adheridas ao plan, pero aínda poden sumarse máis ata finais de xuño.

As axudas van dende os 100 aos 450, e poden supoñer ata o 75% do prezo total dos electrodomésticos no caso dos usuarios máis vulnerables. O plan está dotado cun total de tres millóns de euros, un 70% máis ca o ano pasado; e con el a Xunta pretende chegar a 20.000 fogares. Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas a través da sede electrónica da Xunta.

 

Noticias web

19/04/2021