Podemos volve pedir unha investigación ao rei emérito no Congreso
Volven as peticións para investigar o rei emérito no Congreso polo uso de tarxetas opacas, por parte dos partidos independentistas e de Podemos, como confirmaba Pablo Echenique que ademais advirte: a mesa xa non ten escusa para bloqueala. Din que o uso das tarxetas foi despois da abdicación e, polo tanto, podería investigarse. Piden tamén a comparecencia da ministra de Facenda para que explique a regularización fiscal que fixo o monarca.
Dende o Goberno arrefrían xa as súas expectativas. A vicepresidenta Calvo non ve viable a investigación.
E Pedro Sánchez defendeu a monarquía. Cre que Filipe VI está respondendo con feitos e pide respeto á presunción de inocencia do rei emérito. reafirmando que todos os cidadáns son iguais ante a lei.
A petición de Podemos para investigar o rei Xoan Carlos acompañárona nas redes sociais con este vídeo. Minuto e medio de imaxes da familia real, en moitas delas con Franco ou Urdangarin, co título 'Monárquicos' e a banda sonora da serie 'Narcos'.