CRTVG

Buscar

Podemos mételle presión ao PSOE para que se inclúan as súas demandas nos orzamentos

Publicado o 23/09/2021 15:10

Pedro Sánchez amósase tan confiado en que haberá presupostos "en tempo e forma" como Podemos de incluír neles as súas demandas.

Os morados tentan convencer os socialistas de que as contas públicas do próximo ano recollan, entre outras cousas, unha suba do imposto de sociedades para as grandes empresas, unha medida, asegura a vicepresidenta segunda Yolanda Díaz, "de sentido común", xa que  "os salóns de peiteado, os autónomos, as pequenas empresas, pagan moitos máis impostos que as grandes empresas".

Unidas Podemos apunta, ademais, outros temas clave, como a vivenda ou un cheque bebé, nos que aínda non conseguiron avanzar. Aínda así, a ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, considera que "queda tempo" e confía en acadar un acordo aínda que "agora mesmo, as posicións están afastadas".

Noticias web

23/09/2021