CRTVG

Buscar

Podemos mételle presión ao PSOE para aprobar a Lei de vivenda

Publicado o 29/03/2021 14:46

Mañá Pedro Sánchez acometerá unha remodelación do seu Goberno, a segunda en apenas dous meses. Será o último Consello de Ministros en que participe Pablo Iglesias. O vicepresidente segundo deixa o cargo para competir nas eleccións madrileñas. Se todo vai segundo o previsto, relevarano Yolanda Díaz, que asumirá a vicepresidencia terceira ao tempo que mantén o Ministerio de Traballo, e Ione Belarra, que pasa a ser titular de Dereitos Sociais.

Iglesias marcha sen conseguir aprobar a Lei de vivenda. O seu partido pide que non se vincule aos comicios na capital. A voceira de Podemos Isa Serra asegurou hoxe ante os xornalista que "non se pode facer esa chantaxe co dereito á vivenda. Dende logo que cremos que hai que aprobar esta lei, unha lei que regule os prezos do alugueiro".

Noticias web

29/03/2021