CRTVG

Buscar

Podemos fai presión no PSOE e impulsa unha lei para crear unha eléctrica pública

Publicado o 02/09/2021 15:00

No Goberno fan un chamamento á tranquilidade. A ministra Montero insiste en que o prezo no mercado grosista é moi rechamante, pero que despois o impacto nas facturas é máis limitado.

O prezo da electricidade e como actuar ante esta situación segue creando tensión entre os socios do Goberno. Mentres uns piden paciencia, outros solicitan que se actúe xa ante unha situación de urxencia social.

Unidas Podemos actúa e fai presión no Goberno ao pór en marcha unha proposición de lei para a creación dunha empresa pública de enerxía. A proposta, rexistrada do Congreso, comunicáronllela aos socialistas unha hora antes de anunciala. Echenique mantén que a sociedade debe mobilizarse. O Executivo defende que xa fixo moito e segue a facer para frear a suba da electricidade

O Goberno apela a unha solución europea. Unidas Podemos considera que a súa proposta de empresa pública é compatible coa normativa da Unión Europea porque xa as hai en moitos países da contorna.

Noticias web

02/09/2021