CRTVG

Buscar

Podemos pide investigar "as presuntas actividades corruptas" do rei Xoán Carlos", pero o PSOE rexéitao

Publicado o 06/03/2020 15:00

Novas discrepancias entre Podemos e PSOE. Unidas Podemos e Esquerra Republicana promoven unha comisión de investigación no Congreso sobre as "presuntas actividades corruptas" do rei Xoán Carlos, segundo aparece no texto.

Piden a comisión sobre o rei emérito tras coñecerse que a Fiscalía de Xenebra investiga se recibiu 100 millóns do rei de Arabia Saudita pola construción do AVE á Meca. E se doou parte deses cartos, 65 millóns, á súa amiga Corinna. Os dous partidos presentaran a iniciativa hoxe no Congreso. O PSOE rexeita esta comisión.

 

Noticias web

06/03/2020