CRTVG

Buscar

Podemos elixe á sucesora de Pablo Iglesias na IV Asemblea Cidadá

Publicado o 12/06/2021 14:56


UnPodemos abriu a cuarta Asemblea Cidadá cun minuto de silencio polos ultimos crimes machistas.

 " imos dedicarlles un minuto de silencio a todas elas que nos faltan"

Isa Serra, membro da candidatura oficial que encabeza a ministra de dereitos sociais Ione Belarra, tamén se referiu a este asunto con críticas aos negacionistas da violencia machista.

 "Eses discursos reaccionarios son tamén os do trio de colon que volverá xuntarse mañá, un trío de colón que segue os pasos desa extrema dereita negacionista da violencia machista que é negacionista dos dereitos das mulleres" di isa Serra

Ione Belarra é a candidata consensuada pola dirección saínte e será a elixida con total seguridade polos case 139.000 inscritos que están votando desde o pasado domingo.
Na súa lista figura como número 2 a ministra de igualdade Irene Montero, e os galegos Antón Gomez-Reino e a exdeputada de En Marea Ángela Rodríguez.

 "Aqui hai un proxecto moi forte moi potente co que imos propoñernos ser a primeira forza progresista de España que é o noso obxectivo" asegura Belarra

O militante Fernando Barredo e o concelleiro Esteban Tettamanti encabezan as cantidaturas alternativas. Reclaman volver ás orixes de Podemos e critican a falta de democracia desta cuarta asemblea cidadá.

 "Compañeiras, compañeiros debemos abrir o proceso constituínte que ainda ten pendente a nosa organización"

É a primeira asemblea cidadá de Podemos á que non asiste o fundador do partido, Pablo Iglesias fóra da política tralas eleccións madrileñas. E tamén é a primeira vez que non se celebra en Vistalegre, senón en Alcorcón. Outra ausencia destacada é a da ministra Iolanda Díaz, que non é militante de Podemos e ademais está de viaxe pero ainda asi participará telemáticamente.

Noticias web

12/06/2021