CRTVG

Buscar

Podemos desmárcase da candidatura de Jorge Suárez

Publicado o 28/03/2019 15:18

Ferrol chega ás portas das municipais coa candidatura de esquerdas que deu a alcadía a Jorge Suárez dividida en tres novas formacións. Agora é Podemos o que se desmarca de Ferrol en Común ao fracasar o proceso de diálogo para integrarse na súa lista. 

Borja San Ramón: "Podemos tiña que sentirse representado e cómodo, pero non se deron as condicións".

Desde Ferrol en Común, Jorge Suárez está convencido de que moitos inscritos en Podemos apoiarán a súa candidatura como facía nas últimas horas o secretario xeral de Podemos Galicia.

Jorge Suárez: "Unha vez máis, leámonos en procesos internos. É o momento de saír á rúa falar de política. É dicir, da pintura e non do marco".

En Marea xa adiantou que irá en coalición coa Marea de Ferrol, un acordo que se vai oficializar este sábado con Luís Villares. A terceira opción, Xuntos Actúa, está encabezada polo que fora presidente de Ferrol en Común Carlos del Río.

Noticias web

28/03/2019