CRTVG

Buscar

Podemos decide esta fin de semana a sucesión de Iglesias, con Ione Belarra como clara favorita

Publicado o 11/06/2021 17:03
Podemos decide esta fin de semana a sucesión de Iglesias, con Ione Belarra como clara favorita

Podemos celebra esta fin de semana a súa Cuarta Asemblea Ciudadá da que sairá novo líder, en substitución de Pablo Iglesias. E dáse por seguro que será a ministra Ione Belarra, que esta mañá pechaba a súa campaña en Zaragoza, acompañada por outros membros da súa candidatura como Irene Montero ou Pablo Echenique.

Hai dúas candidaturas máis, pero a de Belarra é a consensuada pola dirección saínte. O domingo publicaranse os resultados das votacións e clausuraráse a Asemblea co discurso da gañadora.

Noticias web

11/06/2021