Podemos chama evasor fiscal a Amancio Ortega e cualifica a doazón contra o cancro como campaña de publicidade
Publicado o 22/10/2021 16:39
Podemos criticou a doazón da Fundación Amancio Ortega dos aparellos de protonterapia aos hospitais da rede pública española. A secretaria de Organización, Lilith Verstrynge, publicou un chío moi crítico co dono de Inditex. Verstrynge cre que a doazón é só unha campaña de publicidade. O PPdeG xa lle pediu a Yolanda Díaz, como membro do mesmo partido, que pida desculpas.