PNV e PSOE asinan o acordo de goberno de coalición en Euskadi
Publicado o 01/09/2020 16:25
Iñigo Urkullu será investido este xoves lehendakari por terceira vez, desta volta con maioría absoluta grazas ao pacto de goberno que alcanzou cos socialistas .
Os líderes do PNV e do Partido Socialista de Euskadi asinaron esta mañá ese acordo programático para un Goberno de coalición, que nas últimas horas foi referendado pola asemblea do partido nacionalista e polas bases socialistas. A súa secretaria xeral formará parte do novo executivo.